ACTIVIDADES A REALIZAR NA AULA
1.- "Monte do Castelo": Nesta actividade adentraremos aos nosos alumnos na historia. Posto que no século XI, Alfonso VI, foi o que ordenou levantar un Castelo ca súas respectivas murallas neste monte. Na asamblea principal que levaremos a cabo ao comezo desta actividade falaremoslle e contaremoslle quen era este home, tamén lles falaremos de Alfonso X “El Sabio”, posto que escribiu as súas Cantigas en dito lugar. Todo isto contaremosllo coma se fosa un conto fantástico, para que o entendan mellor, pero en todo momento faremoslles saber que isto aconteceu na realidade. A actividade consistirá previamente en leerlles alguna das Cantigas que Alfonso X escribira neste lugar e posteriormente faremos entre todos unha Cantiga propia tomando como referencia as que él mesmo escribira. Finalmente, cada un dos alumnos/as recitará unha frase coma se de un trobador se tratase.
2.- “O museo do xoguete”: Para introducir esta actividade, leeremos un conto ao alumnado, chamado “O conto dos xoguetes ordeados”, coa súa posterior asamblea. Nesta, facemoslles preguntas como: “¿Cal é o voso xoguete favorito?”. Todos terán que amosar interese en contar cal é o seu xoguete favorito, polo tanto, decidimos pedir ao alumnado que para a próxima sesión o leven a aula. Cada un en que presentalo ao resto dos seus compañeiros e compañeiras mediante unha asamblea, contandolles así as razóns de porqué lle gusta tanto. Nos tamén seremos partícipes, levando unha buxaina de madeira. O alumnado amosa interese no funcionamento da mesma e todos van a querer probar xogar con ela, xa que nunca viron unha buxaina dese tipo.

Explicarémoslles que, os nosos pais, cando eran nenos xogaban con outros tipos de xoguetes. A raíz disto, o alumnado deberá preguntarlle aos seus pais/familiares cales son os xoguetes cos cales xogaban, e invitaremos a algún deles que aínda conserven algún dos xoguetes para que os nenos a e nenas poidan ver, coñecelo e xogar.
Coa nosa axuda, o alumnado realizará un recuncho chamado “O museo dos xoguetes” con todos os do alumnado incluíndo o noso e o do pai/familiar invitado, facendo unha distinción entre os “xoguetes de agora” e “xoguetes antigos”.
3.- “Muiño do Burato”: Enlazando coa anterior actividade, propondemoslles aos nosos alumnos/as facer unha receta para a realización de pan artesán, xa que é un alimento que está presente nos seus días. Para iso, mediante unha asamblea e coa axuda do encerado, o alumnado irá decindo os ingredientes que eles mesmos pensan que pode conter e coa nosa axuda mediante preguntas como “Canta cantidade poñemos? Moita ou pouca?” dos ingredientes, farán a receta para a elaboración do seu propio pan. Así, poderán ir preparados para elaboralo no “Muiño do Burato” coa axuda dun experto.
4.- “Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz”: Para esta actividade, colocaremos nunha mesa “sorpresa” unha caixa con doces (pero non uns doces calquera) xa que o realizamento de esta actividade coincide co cumpleanos dunha das nosas alumnas. Coma en todos os cumpleanos, levaremos unha torta. A alumna que está de cumpreanos, na anterior actividade trouxo como seu xoguete favorito unha cociña, xa que lle encanta axudar á súa avoa a facer postres.

Pediremoslle que explique ante toda a clase os postres que sabe facer (entre eles atópanse os Amendoados e Melindres de Allariz) desta maneira, coa nosa axuda, toda a clase terá a oportunidade de coñecer os ingredientes que conteñen estes doces, como e onde se elaboran. Ningún dos alumnos probaran nunca este tipo de doces, soamente a propia alumna, así que contaremoslles que nós coñecemos o lugar onde se elaboran. Na seguinte sesión levaremos un libro onde se atopan fotos da "Feira do doce, amendoado e melindre de Allariz" así como as súas recetas e fotos de ditos doces.

Comentarios
Publicar un comentario