CONTEXTUALIZACIÓN DO BEN
Allariz é un municipio da provincia de Ourense, na Comunidade Autónoma de Galicia. Este ben escollido, é unha das Vilas e conxuntos urbans máis interesantes de Galicia. En 1971, declararona Conxunto Histórico Artístico. Antigamente, no século XI, a presenza sueva na comarca creou a “Vila Alaricci”. Alfonso XI, mandou levantar nesta vila, O Castelo e as Murallas. Allariz foi nomeada como “Llave del Reino de Galicia”. Esta vila participou na guerra irmandiña e posee numerosas casas fidalgas.
As testemuñas arqueolóxicas máis lonxevas da historia de Allariz adéntrannos no 1º milenio a.C. Petroglifos e restos de castros. O Castelo foi inicialmente un castro, o máis coñecido e escavado por Conde Valvís.
Esta Vila está ubicada a beira do río Arnoia, contou ca presenza Irmandiña, Romana, Sueva, de xudea e francesa. Tamén con personaxes como o Rei Alfonso X "O Sabio" e a súa muller Doña Violante, Don Felipe e Doña Margarita de la Cerda, Xoán II, O Conde de Benavente, entre outros.
Existen diferentes construccións de tipo relixioso, calzadas romanas, conduccións de augas como acueductos e fontes, construccións públicas, civís, cruceiros...
Existen diferentes construccións de tipo relixioso, calzadas romanas, conduccións de augas como acueductos e fontes, construccións públicas, civís, cruceiros...
O seu Casco Histórico, ofrece un bó estado de conservación. Podemos destacar, entre algún do seu patrimonio a Iglesia de Santiago, Casa-Torre de Castro Ojea, a Paneira, Palacio de Juzgado, Barrio Judío, Convento de Santa Clara...entre outras. Tamén podemos destacar as distintas celebracións que se levan a cabo na vila, así como a Festa da Empanada, Festa do Boi, Festa San Benito e a Feira do Doce e do Amendoado.

Comentarios
Publicar un comentario