PRESENTACIÓN DO BLOG E TEMÁTICA

Presentamos no noso blog “Un pequeno percorrido pola Ziralla”, nome que tamén se lle da a nosa Unidade Didáctica, reflexamos algúns dos diferentes lugares que alí se atopan, presentando tamén unha das celebracións mais famosas que caracteriza a esta Vila.
A temática de esta Unidade Didáctica, como ben citamos anteriormente, é a Vila de Allariz. Esta elección veu dada xa que nos parece unha Vila con moita historia e un lugar fermoso onde os nenos e nenas poden enriquecerse moito culturalmente e disfrutar da súa fermosa paisaxe.
Este proxecto vai dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 6 anos, a última etapa da Educación Infantil.
Os nosos coñecementos sobre esta Vila son meramente históricos, sobre o lido e escoitado, a famosa presenza de Doña Violante e de Alfonso X nesta Vila, por outro lado, tamén as distintas festividades que alí se celebran, pareceunos un lugar cheo de recursos e cousas interesantes das que sacar partido para elaborar a nosa actividade.
Os obxetivos xenéricos do traballo con respecto a educación infantil que imos a tratar son os seguintes:
  • Observar e explorar o seu entorno familiar, natural e social.
  • Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
  • Relacionarse cos demáis e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e relación social.
  • Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
  • Iniciarse nas habilidades lóxico-matemáticas, na lecto-escritura e no movemento.
  • Saber orientarse e desprazarse no espazo.
  • Aprender a recoñecer e explicar acontecementos, lugares, símbolos, monumentos, personaxes, institucións do pasado...
  • Traballar en equipo.
  • Creatividade.
Os obxetivos da nosa Unidade Didáctica en relación co ben son: coñecer a historia do ben escollido, coñecer algúns dos lugares mais referentes de dito ben e finalmente, realizar actividades nos lugares e relacionadas co mesmo.

Comentarios